10/05/2012

O Burela FS recupera efectivos para desprazarse a Logroño, no regreso da competición

O Burela FS recupera efectivos para desprazarse a Logroño, no regreso da competición

O Burela FS Pescados Rubén recupera efectivos para desprazarse a Logroño na 27ª xornada, no regreso da competición ligueira tras o descanso motivado pola axenda da Selección Española. A expedición laranxa viaxa coas reincorporacións de Jozi, Haydee e Maite, que xa adestraron con total normalidade durante a semana, e de Lidia no empeño por consolidarse no podio, fronte a un rival, o Diamante, ao que lle urxen os puntos para escapar da zona quente do descenso. A cita dará comezo o sábado ás 18.00 horas, no Palacio dos Deportes da cidade rioxana.


As mariñás voltan á liga nunha fase de carga, á que están respondendo optimamente para encarar a Copa nas mellores condicións. Mediranse a un inimigo que intensificará a súa perigosidade non só por contar co factor cancha, senón tamén porque se xoga a vida en Primeira División e precisa puntuar.


As laranxas non poden buscar o reflexo no espello da primeira volta (7-0). O ex-equipo de Peque e Maite pouco ten que ver co daquela; os reforzos invernais influíron substancialmente na súa evolución. Serio aviso para as burelás son sen dúbida os dous últimos enfrontamentos das rioxanas, que veñen de vencer ao Ponte Ourense (5-1) e de empatar co Cajasur Córdoba (2-2).


A novísima Paula non poderá participar por molestias nun nocello.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.