13/05/2012

O Rioja Diamante corta a excelente etapa laranxa

O Rioja Diamante corta a excelente etapa laranxa

O Burela FS Pescados Rubén caeu pola mínima (2-1) na súa visita á cancha do Rioja Diamante. Esta derrota ante as rioxanas curta a excelente etapa laranxa, oito triunfos consecutivos, a falta de tres xornadas para o final da competición.


O Rioja Diamante, en plena loita pola permanencia na Primeira División, baseou a súa aposta nunha defensa agresiva en dez metros e o contragolpe como arma principal. Así enfocou o choque desde o asubío inicial a escuadra local. Argumentos, por outra banda, esperados e liquidados en numerosas ocasións polo conxunto dirixido por Javier Pardeiro. A única peza que faltaba para encaixar no puzzle rioxano era o grao de inspiración laranxa. Aquí estivo o factor clave da vitoria do Rioja Diamante xa que o conxunto mariñán non tivo o seu mellor día. Adiantáronse as rioxanas por mediación de Bea Martín, minuto 8, nun contragolpe e aínda que o control era absolutamente do Burela unicamente tivo como recompensa o empate, por mediación de Peque.


Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación, máis do mesmo. Dominio infrutuoso do Burela e defensa numantina local con gran dose de fortuna. O 2-1 chegou no minuto 26, nunha acción illada de Eva Ortega que Claudia introduciu na súa propia meta. Ata o final o asedio laranxa foi continuo pero Lala e a escasa puntería impediron a remontada burelense.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.