18/05/2012

O Burela FS Pescados Rubén mídese ao anfitrión da Copa de España

O Burela FS Pescados Rubén mídese ao anfitrión da Copa de España

O Burela Pescados Rubén afronta o penúltimo envite da tempada en Vista Alegre ante un Valladolid FSF en plena loita por salvar a categoría. O encontro dispútase o domingo día 20, a partir das 12.00 horas.


O anfitrión da Copa de España 2012 visita a pista burelense coa difícil misión de conquistar os tres puntos ante un Burela con ganas de iniciar un novo refacho vitorioso.
O conxunto dirixido por Javier Pardeiro encara o tramo final da competición co obxectivo de preparar a Copa de España. E para iso, nada mellor que lograr clasificarse no podio ligueiro.


O equipo valisoletano posúe un maior potencial do que reflicte a clasificación como proban os empates ante Ponte Ourense e Cajasur Córdoba, nas dúas últimas xornadas. Do mesmo xeito que en tempadas anteriores, a referencia pucelana é Rosángela que chega ao final de liga nun gran estado de forma. Por parte do conxunto burelense, Javier Pardeiro poderá contar con todas as súas xogadoras, excepción de Lucía, e co ánimo de brindar, unha vez máis, unha excelente xornada de fútbol sala á súa afección.


Lucía Nespereira. A peche laranxa continúa coa súa recuperación de forma satisfactoria, cumprindo os prazos previstos grazas á súa enorme entrega e a supervisión de Alfonso Mera, preparador físico, e os servizos de Fisioterapia L2. Lucía acumula xa tres semanas de carreira continua e comezou a realizar sesións de pista. Superou tamén a proba inicial de contacto con balón e xa realiza exercicios moderados sen ningún tipo de molestia no seu xeonllo dereito.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.