20/05/2012

O Burela Pescados Rubén vence por 3-0 ao Valladolid FSF

O Burela Pescados Rubén vence por 3-0 ao Valladolid FSF

O Burela FS Pescados Rubén levou os tres puntos no seu envite ante un Valladolid que ve comprometida a súa permanencia. O choque comezou con dominio da escuadra lucense, ante un conxunto valisoletano que se deixaba facer e que buscaba sorprender ao contragolpe.


O primeiro gol chegaba aos trece minutos obra de Lidia aproveitando un servizo á área ao segundo pau. Co tanto, o Burela intensificou o seu dominio e no tramo final asediou a portería valisoletana, avisando primeiro cun remate ao pau de Cely de cabeza e un postremeiro tanto dela mesma in extremis, en xogada persoal pola á esquerda cruzando o seu remate ante Lorena.


Ao pouco da continuación, Milena culminaba no terceiro gol, unha rápida transición en colaboración con Cely e Peque, que acababa por desmontar a resistencia dun Valladolid que se deixaba levar no envite. Xa no tramo final, as visitantes optaron por alternar o xogo de cinco con Leti como porteira xogadora, pero a pesar de dispor de maior posesión non conseguía perforar a portería dun Burela que recupera a quinta praza na clasificación.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.