28/05/2012

O Burela FS sobe á terceira praza tras vencer o Rubí (0-7)

O Burela FS sobe á terceira praza tras vencer o Rubí (0-7)

O Burela FS Pescados Rubén cumpriu o obxectivo de acceder ao podio. O conxunto de Javier Pardeiro é terceiro logo de imporse con contundencia ao Rubí (0-7) e das caídas dos seus dous rivais directos: Ponte Ourense perdeu ante o Móstoles (5-4) e Gironella sucumbiu fronte ao Rioxa (3-2).


O Rubí aguantou o pulo das burelás ata que aos oito minutos Milena ao segundo pau abriu o marcador. O segundo tanto, de Haydée, chegou de falta directa.


Xa co paso dos minutos na segunda parte e ante o cansazo local, o Burela atopoumáis espazos cos que superar a dobre liña defensiva. Cely e Lidia en senllos remates desde fóra da área permitíronlle ao Burela alcanzar os catro tantos. No tramo final do partido tres novos goles do Burela, de Lidia nunha boa triangulación e dobrete de Milena, desde fóra da área, acabaron por establecer o 0-7 final.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.