28/05/2012
Axuda a salvar vidas! O Centro de Transfusión de Galicia visitará Burela o 8 e 9 de xuño
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará Burela o 8 e 9 de xuño e necesita de toda a axuda posible.
En Galicia precísanse 500 doazóns de sangue cada día, para poder atender as demandas existentes. Ante esta problemática, o CD Burela FS Pescados Rubén faise eco da campaña de doazón iniciada dende a Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego entre a xente do deporte galego e os diferentes clubs deportivos para contribuír a que o Centro de Transfusión de Galicia poida chegar a ese obxectivo de 500 doazóns de sangue diarias, que poden salvar tantas vidas.
Axúdanos a salvar vidas!
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas