11/06/2012

Non puido ser...

Non puido ser...

O Burela FS Pescados Rubén quedou onte ás portas de lograr o ascenso en Martorell, arroupado por un centenar de afeccionados laranxas, e de acompañar así o Oxipharma a próxima tempada en Primeira. Na sétima tentativa por coarse na elite cruzouse o Sala 5 Martorell, un rival que conseguiu remontar a desvantaxe de Vista Alegre sen ser superior no desenlace da eliminatoria.


No terceiro e definitivo partido, o conxunto catalán impúxose por 5-1, castigo inxusto para os mariñáns que foron gañando peso na pista e no xogo co paso dos minutos, aínda que sen fortuna na finalización.



Ficha técnica


Sala 5 Martorell: Pol, Julio, Jordi, Diego Blanco, Marc Areny; tamén xogaron Negro, Suzuki, Ignasi, Álex Peramos, Cintu e Guille Aubauch.


Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Víctor, Iago Míguez e Juanma; tamén xogaron Purao, Clebinho, Christian e Ique


Goles: 1-0, minuto 2, Diego Blanco; 2-0, minuto 32, Marc Areny; 3-0, minuto 36, Marc Areny; 4-0, minuto 38, Jordi; 4-1, minuto 39, Clebinho; 5-1, minuto 39, Cintu


Tarxetas amarelas:  Marc Areny e Cintu, polo Martorell, e Juanma e Ique, polo Burela FS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.