22/06/2012

As promesas burelistas dan a benvida ao verán no Cidade de Betanzos

As promesas burelistas dan a benvida ao verán no Cidade de Betanzos

As pequenas promesas da ED EON Burela FS daranlle a benvida ao verán esta fin de semana no VII Torneo Cidade de Betanzos, coa  participación das categorías benxamín e alevín.


Aínda que a competición, cun total de 16 equipos, se inagura esta tarde no pavillón municipal betanceiro, os deportistas laranxas non se estrearán ata mañá coa primeira fase. O conxunto benxamín compartirá o Grupo B co Parrulo Ferrol FS, EDM Concello de Curtis e Troula Betanzos B; o A estará composto por Colegio Liceo, Autos Lobelle, Azkar Lugo e o anfitrión A. Na categoría alevín, os primeiros adversarios dos mariñáns serán Deportivo Atalantes, Azkar Lugo e Troula, no Grupo A; no B mediranse O Parrulo, Colegio Liceo, Curtis e ADFS Bueu.


Á fase final, o domingo, accederán os dous primeiros de grupo.


Sábado 23 de xuño


9.00 horas: AUTOS LOBELLE FS-AZKAR LUGO FS (Benxamín A)
9.50 horas: O PARRULO FERROL FS-ED EON BURELA FS (Benxamín B)
10.40 horas: ED EON BURELA FS-AZKAR LUGO FS (Alevín A)
11.30 horas: O PARRULO FERROL FS-EDM CONCELLO CURTIS (Alevín B)
12.20 horas: TROULA BETANZOS FS B-EDM CONCELLO CURTIS (Benxamín B)
13.10 horas: TROULA BETANZOS FS A-AUTOS LOBELLE FS (Benxamín A)
14.00 horas: COLEGIO LICEO-AZKAR LUGO FS (Benxamín A)
14.50 horas: TROULA BETANZOS FS-ED EON BURELA FS (Alevín A)
15.40 horas: DEPORTIVO ATALANTES-AZKAR LUGO FS (Alevín A)
16.30 horas: COLEGIO LICEO-ADFS BUEU (Alevín B)
17.20 horas: EDM CONCELLO CURTIS-ED EON BURELA FS (Benxamín B)
18.10 horas: TROULA BETANZOS FS A-AZKAR LUGO FS (Benxamín A)
19.00 horas: COLEGIO LICEO-AUTOS LOBELLE FS (Benxamín A)
19.50 horas: TROULA BETANZOS FS-AZKAR LUGO FS (Alevín A)
20.40 horas: DEPORTIVO ATALANTES-ED EON BURELA FS (Alevín A)
21.30 horas: TROULA BETANZOS FS B-ED EON BURELA FS (Benxamín B)
22.20 horas: COLEGIO LICEO-EDM CONCELLO CURTIS (Alevín B)
23.10 horas: O PARRULO FERROL FS-ADFS BUEU (Alevín B)


Domingo 24 de xuño


10.00 horas: Semifinal Benxamín: 1º A-2º B  
11.00 horas: Semifinal Benxamín: 2º A-1º B  
12.00 horas: Semifinal Alevín: 1º A-2º B 
13.00 horas: Semifinal Alevín: 2º A-1º B
16.00 horas: MINITORNEO DE PREBENXAMÍNS
18.00 horas: Final Benxamín
19.00 horas: Final Alevín
20.00 horas: ENTREGA DE TROFEOS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.