09/08/2012

O lugués Hugo ficha polo equipo laranxa

O lugués Hugo ficha polo equipo laranxa

O ala Hugo Sánchez Flores, de 23 anos e procedente de Marfil Santa Coloma, afirmou sentir que se enfronta a “un reto importante” ademais do que supón para el unha “alegría importante, por competir na máxima categoría do fútbol sala español por quinto ano consecutivo e, por riba, poder facelo cerquiña da casa”.


Hugo, que foi presentado polo Presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Ramón González Casas, advirte que a nivel individual pretende “aportar traballo ao grupo, moito sacrificio e esforzo, tanto nos adestramentos como en cada partido”. O presidente confesou sentir unha profunda satisfacción porque “incorporamos ao proxecto xente da terra que nos aporta grandes posibilidades y un futuro prometedor”. Na mesma liña, o ex de Azkar, Benicarló e Marfil, sinalou que “somos un grupo novo e debemos ser ambiciosos, saíndo cada partido sen renunciar a nada”.


No palmarés de Hugo figuran entre outros os campionatos de España sub-18 con Galicia no 2008 e o de España sub-20 no ano 2009 que se disputara en Santiago de Compostela.


Por último, o lugués quixo pór énfase na afección: “o ambiente en Vista Alegre é espectacular. Tocoume sufrilo en contra cando estaba en Azkar e gozar dunha grada similar tamén en Benicarló. Estou realmente contento por ter a oportunidade de gozar de Vista Alegre cada quince días”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.