13/08/2012

A porteira coruñesa Patricia Otero, nova xogadora do Burela FS Feminino

A porteira coruñesa Patricia Otero, nova xogadora do Burela FS Feminino

O vicepresidente do club, Manuel Blanco, presentou na sede social á porteira coruñesa Patricia Otero de Oliveira como nova xogadora do equipo feminino. Patricia, que procede do Deportivo Córdoba Cajasur, ten 28 anos de idade e ampla experiencia na máxima categoría.


Blanco destacou a “solvencia e competitividade” que aportará Patricia “nun posto sempre crítico e de máxima importancia para o conxunto”. A porteira non dubidou en sinalar “as boas referencias que teño do club a todos os niveis” como principal razón para optar pola fichaxe. Segundo Patricia “o Burela FS leva xa anos en Primeira e ten obxectivos ambiciosos, o que sempre é un aliciente máis”.


A xogadora coruñesa levaba oito anos en terras andaluzas, “e ter a oportunidade de volver a Galicia e estar un pouco máis cerca dos meus sempre é bonito”. A nivel deportivo considera que o equipo de Javier Pardeiro “pode optar a todo, logo de gañarse un nome na máxima categoría” e advirte que “haberá loxicamente moita competencia e sempre aparece algún equipo sorpresa”.


En canto aos logros de carácter persoal, “gustaríame gañar a Copa de España, xa que é o trofeo que me falta”. Entre outros éxitos acadados, Patricia foi campioa de Liga co equipo Cordobés.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.