28/08/2012

Vista Alegre presenta o Burela FS masculino ante O Esteo FS (xoves 30, 21.00)

Vista Alegre presenta o Burela FS masculino ante O Esteo FS (xoves 30, 21.00)

O templo laranxa, Vista Alegre, presentará sobre a pista o novo proxecto do Burela FS Pescados Rubén que saltará á Primeira División en 2012-13. O cadro de Julio Delgado darase a coñecer ante a bancada da bomboneira fronte ao Esteo FS As Pontes, a partir das 21.00 horas.


Tui, próximo destino
O equipo laranxa pechará a semana en Tui, o sábado, no segundo encontro da pretempada ante o Santiago Futsal, co que competirá en Primeira (Novo Pavillón Municipal, 20.30 horas). O VIII Memorial Celso Currás de Trabada xa reuniu a composteláns e burelaos a fin de semana pasada, duelo no que os de Julio Delgado se fixeron co título tras vencer por 3-1.


Vitoria ante La Junquera (5-3)
Os mariñáns saíron vitoriosos do envite ante Automoción La Junquera (5-3), de Segunda B, onte no pavillón da Veiga, en San Cibrao. O Burela FS marcou os tempos dun encontro no que volveron ter moita presenza os xuvenís Antón e Fabio, coma no memorial, e no que se estrearon Enrique Cánovas, inmerso no Mundial Universitario de Braga ata o domingo pasado, e Nacho Pedraza, despois dun pequeno golpe nos adestramentos. Tras a vantaxe de 3-1, na segunda parte a escuadra laranxa viuse condicionda por certos desaxustes defensivos que conduciron á igualada do rival, aínda que sen perigar o encontro.


Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, Mimi, Juanma, Christian e Iago Míguez, no cinco inicial; tamén xogaron André, Enrique, Nacho Pedraza, Dani Martín, Antón, Fabio, Hugo e Edu


Automoción La Junquera: Marques, Víctor Méndez, Lozano, Sesar e Turero, no cinco inicial; tamén xogaron Santomé, Gómez, Toni, Vijande, Xoel, Míguez e Lorenzo


Goles: 1-0, Dani Martín; 2-0, Mimi; 3-0, Antón; 3-1, Víctor Méndez; 3-2, Fabio (pp); 3-3, Lorenzo; 4-3, Mimi; 5-3, Iago Míguez

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.