31/08/2012

Segundo duelo co Santiago Futsal (Sábado 1, Tui)

Segundo duelo co Santiago Futsal (Sábado 1, Tui)

O Burela FS Pescados Rubén volverá verse as caras mañá co Santiago Futsal no segundo duelo da pretempada, tras o título laranxa no VIII Memorial Celso Currás de Trabada. O I Trofeo Cidade de Tui reunirá os rivais de Primeira no novo pavillón municipal, a partir das 20.30 horas.


A escuadra de Julio Delgado chega á cita con pleno de vitorias na etapa de preparación. O tarro que abriu a vitoria de Trabada ante os composteláns (3-1) o sábado pasado, completouse esta semana cos triunfos ante o Automoción La Junquera (5-3), o luns en San Cibrao, e O Esteo As Pontes FS (3-2), onte na bomboneira.


Os laranxas estreáronse ante a afección de Vista Alegre con dominio sobre os coruñeses, aínda que sen demasiada frescura debido á carga de traballo da pretempada. Juanma marcou a vantaxe na primeira parte, tras inaugurar o luminoso Fabio e igualar Pellón, de dobre penalti. No segundo período, tras o empate de Rubén (2-2), Fabio volveu poñer terra por medio, xa con André como porteiro-xogador. Polo Burela FS, saltaron no cinco inicial Iago Barro, André, Iago Míguez, Juanma e Christian; tamén xogaron Mimi, Enrique, Dani Martín, Hugo, Antón, Fabio e Edu. Na banda coruñesa, José Carlos, Pellón, Fernández, Gerardo e Rubén conformaron o quinteto de saída, coa intervención de Alberto, Juan, Anxo Lois e Diego.


O prezo das entradas en Tui será de 5€ para adultos, 3€ para nenos maiores de 10 anos (menores de 10, gratuíto).


 


Presentación do Azkar Lugo


Os burelaos abrirán a axenda da vindeira semana con outro equipo de Primeira, en Lugo. Será o martes, 4 de setembro, na presentación en sociedade do Azkar, a partir das 21.00 horas.


 


Copa Galicia Feminina


As xogadoras de Javier Pardeiro tamén terán adianto da Primeira División os próximos días, co Viaxes Amarelle, equipo que debutará na máxima categoría en 2012-13. O pavillón da Veiga de San Cibrao reunirá a coruñesas e burelás o mércores, 5 de setembro, na fase de grupos da XXII Copa Galicia Feminina, ás 20.30 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.