04/09/2012

O prazo de matrícula da ED EON Burela FS 2012-13 estará aberto ata o 14 de setembro

O prazo de matrícula da ED EON Burela FS 2012-13 estará aberto ata o 14 de setembro

A ED EON Burela FS terá aberta a matrícula para o novo curso ata o venres 14 de setembro. A escola laranxa volverá estar integrada por catro categorías: prebenxamín (nacidos en 2006-05), benxamín (2004-03), alevín (2002-01) e infantil (2000-1999).


Un ano máis, as familias que matriculen a máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. Pasaranse cotas trimestrais de 60 euros para os SOCIOS/AS ao corrente do seu abono e de 75 euros para os NON SOCIOS/AS (novembro, xaneiro e abril). A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a.


O alumnado da ED recibirá a entrega dun pack deportivo con material de primeira calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, polo, bolsa, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. A tenda Living Sport, distribuidora oficial do club, encargarase de xestionar o material, que ten un custo real de 175 euros, dos que só terán que pagar os pais e nais 100 euros, xa que o club se fará cargo dos 75 euros restantes por alumno/a.


Todas as persoas interesadas poden obter información nas oficinas do club, a través do número de teléfono 982 581 815 ou burelafs@burelafs.org.


A dirección da ED EON Burela FS terá unha reunión con pais e nais do alumnado o luns 17 de setembro para explicar detalladamente a programación do curso.


Preinscrición para os menores de 6 anos


Os nenos/as menores de 6 anos (nacidos dende 2007) terán acceso á preinscrición durante este período. Despois do 14 de setembro, poderán formalizar a súa matrícula na categoría prebenxamín, no caso de que queden prazas libres. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.