06/09/2012

O Vila de Ribadesella pecha a semana dos de Julio Delgado

O Vila de Ribadesella pecha a semana dos de Julio Delgado

O I Trofeo de Fútbol Sala Vila de Ribadesella pechará a semana do Burela FS Pescados Rubén no limiar do salto á máxima categoría. Os de Julio Delgado protagonizarán o torneo asturiano co Triman Navarra, rival de Primeira División, e os conxuntos de Terceira Avilés Sport FS e Rompiente FS, o anfitrión.


O Burela FS inaugurará a cita mañá, co Avilés Sport, ás 19.00 horas, na primeira semifinal. Ás 21.00 horas, mediranse o Triman Navarra e o equipo organizador. Os gañadores decidirán o posuídor do título o sábado, ás 19.00 horas, tras a pelexa polo terceiro e cuarto posto, ás 17.00.


Xunto á habitual expedición laranxa de pretempada, cos xuvenís Antón e Fabio, tamén participará no trofeo asturiano o ala-pivote alacantino Moi (Reale Cartagena, 2011-12).


O Soto del Barco, de Segunda B, despedirá a pretempada burelista o día 12, en Vista Alegre (21.00 horas).


Inicio ligueiro. Os mariñáns poñerán en marcha a engrenaxe laranxa de liga nunha semaniña. O sábado, 15 de setembro, o Burela FS botará a andar na Primeira División en Vista Alegre, coa visita do Fisiomedia Manacor (18.30 horas).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.