11/09/2012

Os defensores da saúde laranxa

Os defensores da saúde laranxa

A saúde de todos os integrantes laranxas, tanto dos equipos sénior como das categorías de base, volverá estar protexida por caras coñecidas, polos facultativos Francisco Javier Couce, Juan Eiroa e Miguel Murias. O corpo médico reuniuse co director xeral do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez, a semana pasada na sede da entidade para selar o acordo.


O doutor Francisco Javier Couce volverá ser o responsable de supervisar os xogadores e xogadoras burelistas. Baixo a dirección de Juan Eiroa e Matilde González, a clínica burelá L2 Fisioterapia continuará asumindo o traballo terapéutico dos conxuntos sénior e da escola. Tamén coidará os deportistas laranxas o podólogo Miguel Murias, habitual na estrutura médica da entidade dende hai varios exercicios.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”