13/09/2012

Reunión da ED EON Burela FS 2012-13, o luns 17, no IES Monte Castelo (18.30 horas)

Reunión da ED EON Burela FS 2012-13, o luns 17, no IES Monte Castelo (18.30 horas)

A ED EON Burela FS 2012-13 terá unha reunión informativa cos pais e nais do alumnado o luns 17 de setembro, destinada a todas as categorías. A dirección da escola explicará detalladamente a programación do curso na Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo a partir das 18.30 horas.


En 2012-13, a escola laranxa volverá estar integrada por catro categorías: prebenxamín (nacidos en 2006-05), benxamín (2004-03), alevín (2002-01) e infantil (2000-1999). O director deportivo, Marcelo Santoro ‘Neco’, asumirá no novo curso a coordinación da ED EON, con Alfonso Mera como responsable do deporte escolar e Iván Cao ‘Lucas’ como encargado do deporter federado.


Os nenos/as menores de 6 anos (nacidos dende 2007) terán acceso á preinscrición. A partir do 18 de setembro, poderán formalizar a súa reserva na categoría prebenxamín, no caso de que queden prazas libres. 


Un ano máis, as familias que matriculen a máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. Pasaranse cotas trimestrais de 60 euros para os SOCIOS/AS ao corrente do seu abono e de 75 euros para os NON SOCIOS/AS (novembro, xaneiro e abril). A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a. O alumnado da ED recibirá a entrega dun pack deportivo con material de primeira calidade que se deberá adquirir directamente na tenda de Foz Living Sport, distribuidora oficial do club.


 


Semana Europea da Mobilidade


Os máis pequenos/as poderán gozar dunha xornada lúdico-deportiva con representantes dos equipos sénior, de Primeira División, o domingo, 16 de setembro, coa portería xigante de ‘Dispara a Gol’. A actividade, integrada na Semana Europea da Mobilidade, baixo a organización do Concello de Burela, desenvolverase na praza do Concello, entre as 16.00 e as 19.00 horas.


Durante ese día, a entidade laranxa tamén habilitará un stand informativo do novo curso da ED EON Burela e da campaña de soci@s 2012-13.


Máis información nas oficinas do club, a través do número de teléfono 982 581 815 ou burelafs@burelafs.org.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.