13/09/2012

Despedida con goleada

Despedida con goleada

O Burela FS Pescados Rubén clausurou a pretempada onte en Vista Alegre con goleada sobre o Soto del Barco asturiano (12-1), de Segunda División B.


A escuadra de Julio Delgado completou un total de oito amigables na preparación do histórico salto á Primeira División 2012-13. Proclamouse campión do Memorial Celso Currás de Trabada, ante o Santiago Futsal (3-1); tamén gañou  a Automoción La Junquera (5-3) e O Esteo As Pontes FS (3-2); no entanto os composteláns resarcíronse no Trofeo de Cidade de Tui (2-0). A presentación do Azkar Lugo quedou en táboas (4-4). Dende Asturias, chegou o subtítulo de subcampión do I Trofeo Vila de Ribadesella (Avilés Sport 6-3, en semifinais, e Triman Navarra, 3-0, na final).



Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, Mimi, Iago Míguez, Nacho Pedraza e Dani Martín, no cinco inicial; tamén xogaron Antón, Christian, André, Juanma, Enrique, Hugo e Edu


Soto del Barco: Vior, Fredi, Miguel, Manute e Iñarrea; tamén xogaron Samuel, Ricki, Michel, Gerardo e Danielín


Goles: 1-0, Dani Martín; 2-0, Mimi; 3-0, Nacho Pedraza; 4-0, Juanma; 5-0, Nacho Pedraza; 6-0, Antón; 7-0, Juanma; 8-0, Juanma; 8-1, Miguel; 9-1, Christian, 10-1, Enrique; 11-1, Iago Míguez; 12-1, Dani Martín.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”