14/09/2012

O novo proxecto, de Terceira, bota a andar no Carballiño

O novo proxecto, de Terceira, bota a andar no Carballiño

A aposta máis recente da entidade laranxa, o Burela FS Pescados Rubén B, botará a andar mañá na Terceira División no Carballiño (17.00 horas). Os mariñáns tiveron que adiar a súa posta de gala na bomboneira por petición do conxunto rival de cambiar a primeira xornada pola décimo sexta.


Un home da casa, Iván Cao ‘Lucas’, abandeirará o novo proxecto burelista, cimentado na potenciación da estrutura de base. Configurarán o ilusionante cadro Bruno Blanco, Antón Couto, Aarón Fraga, Andrés Míguez ‘Souka’, Diego Blanco ‘Keko’, Eloy Montero ‘Pichi’ e Gabriel Costa ‘Xoia’, ademais do apoio xuvenil de Erik Campo, Adrián Juiz, Helder Gonçalves, Ángel Cao, César Atoche, Samuel Rojo, Carlos Valle e Fabio Teixeira.


A categoría contará con outros tres conxuntos mariñáns, CD Rececende FS A Pontenova, Cidade de Viveiro e SD Xove FS, ademais de UV Ventorrillo FS, Pazos de Borbén, CD Cafyd, Leis Pontevedra FS, C. de Vigo IES Coruxo, ADFS Bueu, Vilalba FS, O Esteo FS, Eypar FS, Ribeira de Piquín FS e 5 Coruña FS.


Haberá que esperar un par de semaniñas para gozar das promesas burelistas de Terceira. Eypar FS, de Melide, será o próximo rival para os mariñáns. Na terceira xornada estrearanse en Vista Alegre ante o tamén nobel 5 Coruña FS. O seu horario como locais será os sábados ás 16.15 horas.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”