14/09/2012

O equipo feminino empeza a Liga coa viaxe a Pamplona

O equipo feminino empeza a Liga coa viaxe a Pamplona

O Orvina será o rival do Burela FS Pescados Rubén Feminino na primeria xornada da Liga 2012-2012 (sábado 19:30 horas). As de Javier Pardeiro viaxan coa ilusión posta nunha nova tempada na máxima categoría. Varias son as novidades do cadro mariñao, no que destaca a volta de Lucía tras meses de inactividade por lesión. Tamén Haydee adestrou con normalidade desde o luns, polo que podería ter uns minutos no debut das laranxas.


As rivais do Pescados Rubén contan nas súas filas con Sara Iturriaga, procedente do Atlético Navalcarnero  e que anotou 30 tantos a pasada tempada. Tamén cabe mencionar a rapidez de Berta Velasco, como unha das súas principais armas ofensivas. Como dato de interese, falar que a cancha do Orvina ten fama de ser esvaradía, o que non favorece precisamente a estabilidade e o xogo técnico.


O Burela FS Feminino mantén o bloque das últimas tempadas, con incorporacións interesantes como a da brasileira Dany. O vindeiro partido das xogadoras laranxas será en Vista Alegre ante o Gironella (sábado 22, 18:30 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.