17/09/2012

O filial comeza con pé firme ante o Carballiño

O filial comeza con pé firme ante o Carballiño

O equipo de Iván Cao venceu ao Carballiño por 3-5 nun encontro que dominou durante boa parte do tempo e no que só un pequeno baixón físico lles permitiu aos locais meterse no partido no treito final. Anotaron por parte do Burela FS Keko e Fabio por partida dobre e Aron. A vitoria daralles a bo seguro confianza aos xogadores laranxas de cara ao novo proxecto na categoría.


A vindeira semana o CD Burela FS Pescados Rubén B enfrontarase ao Eypar FS en Melide. Haberá que esperar ata o sábado 29 para ver o primeiro partido de Terceira en Vista Alegre (16.15 horas) ante o 5 Coruña FS.


Ficha do partido


Carballiño FS: J. Antonio, Rodrigo, Gus, Carlos e Javier. Tamén xogaron Cristian, Ángel, Rodríguez, Aitor e Antonio.


Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Bruno, Antón, Keko e Souka. Tamén xogaron: Fabio, Aron, Xoia e Samuel.


Goles: 0-1, min. 5 Keko; 0-2, min. 11 Fabio; 0-3, min. 16 Keko; 1-3, min. 19 Diego (d.p.); 2-3, min. 23 Gus; 2-4, min. 28 Aron; 3-4, min 31 Aitor; 3-5, min 39 Fabio.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”