04/10/2012

O Ribadeo FSF abre a liga este sábado co FC Meigas (18.30 horas)

O Ribadeo FSF abre a liga este sábado co FC Meigas (18.30 horas)

O Ribadeo FSF abre a liga de Autonómica 2102-13 co desprazamento do FC Meigas á Mariña, o sábado, ás 18.30 horas.


O equipo, que volverá adestrar José Francisco Martínez Rodríguez, estará custodiado por un bloque constituído por 13 xogadoras: Antía Fernández e Vanessa Cabanas baixo os paus, as peches Toñi Posada e Sabela Mourelle, a ala-peche Helena Darriba, as alas Evita Rodríguez, Arancha Arias, Tania Penabad, Carla Bolaños e Nuria Pérez, ademais das ala-pivotes Ana Iglesias e Elvira López, xunto á pivote Yoli García.


CFSF O Pino, Marcón FS, Mosteiro Bembrive FS, O Montiño Concello de Mos FSF, Funeraria Apóstol, Concello de Guntín, ED Poio FS, Cidade das Burgas, Sada FS e Cidade de Ourense completan o cadro de rivais para as ribadenses nunha competición que se prolongará ata o 4 de maio de 2013.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.