08/10/2012

O Burela FS B sucumbe ante o líder (6-1)

“Os erros puntuais condicionaron o encontro e fixeron que o equipo se viñera abaixo co paso dos minutos” dixo o técnico mariñán, Lucas.
O Burela FS B sucumbe ante o líder (6-1)

O Burela FS Pescados Rubén B sucumbiu o sábado ante o líder, O Esteo-As Pontes FS, por 6-1, excesivo castigo para os de Iván Cao ‘Lucas’, que xeraron múltiples ocasións na primeira parte. “Os erros puntuais condicionaron o encontro e fixeron que o equipo se viñera abaixo co paso dos minutos” dixo o técnico mariñán.



O experimentado rival dos laranxas xa marcou distancias no minuto 4 e ampliou a 2-0 no 11. No entanto, o Burela FS soubo manter o tipo, creando perigo na meta local; o premio chegou no minuto 19, cun penalti executado por Fabio. Cando parecía que chegaría o descanso, con serias opcións de remontar para os pupilos de Lucas, Rubén anotou unha nova diana para os das Pontes, tamén dende os 6 metros.



Á volta, os obxectivos mariñáns bateron con maiores complicacións. O peche e contragolpe do Esteo frearon o ataque da escuadra laranxa e atoparon o resultado perseguido, con tres tantos, ata o 6-1 final.



Ribeira de Piquín será o vindeiro rival dos burelaos, o xoves 11, ás 20.30 horas (municipal de Meira).



Ficha técnica



O Esteo-As Pontes FS: José, Pellón, Iván, Gerardo e Rubén, no cinco incial; tamén xogaron Francisco, David, Diego e Alberto



Burela FS Pescados Rubén B: Samuel, Bruno de Nois, Antón, Souka e Keko, no cinco inicial; tamén xogaron Erik, Fabio, Carlos e Xoia



Árbitros: Roberto Amor e J.M. Carreira, da delegación de Ferrol



Goles: 1-0, minuto 4, Iván; 2-0, minuto 11, Iván; 2-1, minuto 19, Fabio (penalti); 3-1, minuto 19, Rubén (penalti); 4-1, minuto 21, Gerardo; 5-1, minuto 24, Antón (propia meta); 6-1, minuto 34, Gerardo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.