11/10/2012

Edu pasará polo quirófano o vindeiro luns

“Non podo dicir que estou contento, porque teño que pasar polo quirófano, pero si que estou tranquilo non só porque xa rematou a incerteza e preocupación destes últimos quince días senón porque, entre todas os posibles diagnósticos, esta é
Edu pasará polo quirófano o vindeiro luns

O gardameta do Burela FS Pescados Rubén Eduardo Saavedra pasará polo quirófano o vindeiro luns; o naronés será intervido dunha lesión de menisco polo traumatólogo José Antonio López Rodríguez no Policlínico Lucense SA.



Así o decidiu o corpo médico da entidade laranxa onte pola tarde despois de analizar as probas ás que foi sometido o porteiro naronés e de detectar o corno do menisco interno e externo afectados, no seu xeonllo esquerdo. A artroscopia está programada para as 16.00 horas.



Edu, que se viu obrigado a retirarse da pista o pasado 29 de setembro ante o Triman por un forte pinchazo, confesouse dobremente aliviado pola noticia a pesar da intervención: “Non podo dicir que estou contento, porque teño que pasar polo quirófano, pero si que estou tranquilo non só porque xa rematou a incerteza e preocupación destes últimos quince días senón porque, entre todas os posibles diagnósticos, esta é unha das lesións de menor gravidade” explicou o meta laranxa. “Despois da operación, será o momento de falar de prazos reais de recuperación, pero, desde logo, teño todo o ánimo e fortaleza para volver a estar canto antes cos meus compañeiros nesta histórica tempada para o Burela FS“ expresou, con ilusión, o sólido cérbero laranxa.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.