12/10/2012

A falta de contundencia condena ao Burela FS B (8-5) ante o Ribeira de Piquín

A falta de contundencia condena ao Burela FS B (8-5) ante o Ribeira de Piquín

Non foi suficiente o dominio dos de Iván Cao ‘Lucas’ ante a contundencia amosada polo Ribeira de Piquín. Dominou o equipo laranxa durante boa parte do encontro pero os locais transformaron con certa facilidade, mentres os burelaos sufrían na finalización, o que provocou unha diferenza de 8-2 no minuto 37.



A falta de  cinco minutos para o final, o Burela FS Pescados Rubén B intentouno con xogo de cinco e recortou a distancia no marcador ata o 8-5 final. Foi todo o que puido facer o conxunto laranxa ante un Ribeira de Piquín máis experimentado. Gran partido non obstante do Burela FS B que segue a afianzarse na categoría da que está a ser a súa primeira tempada en Terceira.



Ficha técnica



Pavillón Municipal de Meira
Árbitros:   Diego Franco e Efrén Álvarez.
Ribeira de Piquín:  David, Solla, César, Miguel e Daniel. Tamén xogaron Ismael, Kini, Enrique, López e Ángel.
Burela FS B: Erik, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko. Tamén xogaron  Samuel, Carlos, Souka, Xoia e Helder.
Goles: 1-0, minuto 2, Daniel; 2-0, minuto 5, César; 2-1, minuto 10, Fabio (d.p.); 3-1, minuto 14, Miguel; 3-2, minuto 14, Xoia; 4-2, minuto 15, Daniel; 5-2, minuto 29, Kini; 6-2, minuto 30, Kini; 7-2, minuto 32, Miguel; 8-2, minuto 37, Miguel; 8-3, minuto 38, Carlos; 8-4, minuto 38, Keko; 8-5, minuto 39, Fabio

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.