13/10/2012

Cuarta vitoria consecutiva do Burela FS Feminino, que conserva o liderado

Cuarta vitoria consecutiva do Burela FS Feminino, que conserva o liderado

O equipo mariñán impúxose desde o principio cun dominio case absoluto. Aos seis minutos de xogo xa tomaba a dianteira grazas a un tanto de Dani, logo de aproveitar unha presión de Dolo na saída do balón. Sen tempo para dixerir o primeiro tanto por parte do combinado visitante, Dani volvería facer o segundo aproveitando un pase longo de Peque. As xogadoras madrileñas apenas inquietaban o marco de Jozi, malia que fixeron un tanto aos doce minutos por mediación de Martica.



Non houbo máis goles, a pesar de que durante o segundo tempo as xogadoras laranxas tiveron as suficientes ocasións como para facer varios tantos máis. O Soto del Real deixábase facer e só os paus evitaron a goleada. Aínda así, as visitantes aventuráronse a xogar con porteira xogadora nos últimos minutos, pero o atrevemento non tivo máis resultado que a cuarta vitoria do curso para as de Pardeiro, que conservan o liderado.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.