20/10/2012

Cómodo triunfo do Burela no derbi galego

O Burela Pescados Rubén cumpriu co guión esperado e venceu comodamente no inédito derbi galego, na máxima categoría, ante o Viaxes Amarelle por 1-5. Resultado que plasma o excelente inicio burelao. Empate inicial e cinco vitorias consecutiv
Cómodo triunfo do Burela no derbi galego

O conxunto dirixido por Javier Pardeiro non atopou excesivos problemas para lograr a vitoria ante un rival que apostou por unha estratexia arriscada. O equipo herculino alternou en ocasións o xogo de cinco, primeiro intento no minuto seis de partido, co xogo posicional. Os réditos da súa ousadía foron nulos e o Burela mantivo a temperanza precisa para golpear as herculinas.



Lidia Mesías foi a primeira en asumir o papel de ariete para abrir a meta local, minuto seis de xogo, xusto despois do primeiro envite local. O segundo intento das coruñesas con xogo de cinco, atopouse coa resposta de Dany. A brasileira fíxoo todo. Rouba o balón, regatea ao seu par, dispara e Paula repele o primeiro intento. A pelota quere a Dany  e no rexeite non perdoa. Minuto 14 e 0-2 no marcador. Sen maiores sobresaltos chegouse ao descanso con este resultado.



No segundo asalto, o Burela modificou a súa retagarda e Patri substituíu a Jozi. A porteira laranxa debutou en competición ligueira na súa cidade natal. Tamén se estrearon Paula e Silvia, as benxamíns mariñás. Sen apenas tempo transcorrido, o Burela Pescados Rubén quixo cortar calquera indicio de esperanza local. Lucía Nespereira culminou  unha xogada de estratexia nun córner e estableceu o 0-3, minuto 21. Sen pisar o acelerador, as pupilas de Pardeiro aumentaron a renda co cuarto, minuto 26, logrado por Dany, segundo na conta persoal. Acción clásica de Dolo que serve á goleadora burelá ao segundo pau.



O choque estaba visto para sentenza a falta de catorce minutos para o final. Máis aínda cando Peque marcou o quinto, desde 30 metros, aproveitando outra inxenuidade das coruñesas con porteira xogadora. Ata o final, o máis destacado foi a expulsión da porteira laranxa, Patri, por dobre amoestación, moi rigorosa a primeira delas. Paulita aproveitou a superioridade numérica local para marcar o 1-5 final.




Haydée. Finalmente, a xogadora laranxa terá que ser operada da tendinite rotuliana crónica do xeonllo dereito, lesión que arrastra desde o principio de tempada e que minguaba, loxicamente, o seu rendemento.



Tras un tratamento conservador, con factores de crecemento, que minimizou a dor pero que non logrou que este remitise totalmente, determinouse por consenso entre as partes implicadas, xogadora, club e servizos médicos, que a intervención era a mellor opción.



A cita cirúrxica concretouse a última hora do pasado venres. O vindeiro luns día 22, ás 17.30 horas, Haydée será intervida no Policlínico Lucense de Lugo. O traumatólogo José Antonio López Rodríguez será o responsable da operación.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.