23/10/2012

O Espírito es Ti! Contaxia a un Amigo/a!

O Espírito es Ti! Contaxia a un Amigo/a!

O CD Burela FS Pescados Rubén premiará a fidelidade e o espírito dos seus socios. Baixo o lema ‘O Espírito es Ti! Contaxia a un Amigo/a!”, a entidade laranxa entregará invitacións para os Días do Club a todos aqueles abonados que fagan un socio amigo entre hoxe e o 23 de novembro.



Os Días do Club programados dende o CD Burela FS para a Primeira División LNFS serán o 24 de novembro (Inter Movistar), 2 de marzo (FC Barcelona) e o 16 de marzo (ElPozo Murcia). O prezo da entrada será de 3 euros para asociados adultos; os menores de 18 anos terán acceso gratuíto. Para os non socios o prezo será de 12 euros para adultos e 3 euros na entrada xuvenil.



Deste xeito, os socios e os seus socios amigos que formalicen o abono ao longo do vindeiro mes recibirán unha invitación por cada carné. As persoas beneficiarias poderán recoller as súas entradas, totalmente gratuítas, coincidindo co prazo de venda anticipada de cada encontro.



 



Agasallo laranxa



Os socios/as laranxas 2012-13 poderán acceder a consumicións gratuítas na Parrillada Don Chuletón de Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 154), presentando tan só o carné de abonado. Ata ao establecemento trasladouse o directivo da entidade Marcelino Luna para agradecerlle ao propietario do hotel, David Rivas, a súa colaboración e presentar o agasallo da tempada 2012-13.



A Parrillada Don Chuletón do Hotel Palacio de Cristal, inaugurada en 2005, está contigua ao hotel, nun ambiente acolledor que combina tradición e modernidade. O propio hotel dispón de 29 habitacións e 1 suite, un comedor con capacidade para 150 persoas, ademais dun salón de reunións. O Palacio de Cristal brinda o mellor da gastronomía galega, ofrecendo unha selecta carta de peixes e mariscos do Cantábrico, así como as mellores carnes galegas. A esta ampla oferta únese Don Chuletón, engadindo ademais unha novidosa zona de Polbería e Xamonería, ademais da Marisquería. O establecemento hostaleiro dispón de cetaria propia de marisco.



Máis información en www.hotelpalaciodecristal.es e www.cetareaburela.com.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.