23/10/2012

Caras novas nos adestramentos masculinos

Caras novas nos adestramentos masculinos

O Burela FS Pescados Rubén terá dúas caras novas nos seus adestramentos durante as dúas próximas semanas, o novísimo ala Diego Suárez, procedente do Avilés Sport, e o determinante ala-pivote brasileiro Cesinha, que chega da Superliga Rusa.



Diego Suárez Pazos, de 22 anos, xa tivo a oportunidade de coñecer hoxe o traballo do cadro laranxa. O ala zurdo, que destaca pola súa habilidade e desbordo, declarouse “moi ilusionado con chegar a Burela e poder adestrar cun equipo de elite”. O Pescados Rubén puido medirse aos avilesinos, de Terceira División, no Trofeo Vila de Ribadesella na pretempada en pret.



Cesar Augusto May Xavier, de 28 anos, incorporarase ás sesións burelistas mañá. O ala-pivote deu o salto ao fútbol sala ruso dende o Brasil hai cinco anos. Tras unha tempada no Politech de San Petersburgo, disputou dúas superligas no CSKA Moscú, para regresar despois ao Politech, nos dous últimos exercicios.




Próxima cita



O I Torneo Triangular de Castropol reunirá o Burela FS Pescados Rubén e o Azkar Lugo durante o parón ligueiro de Primeira División. Será o sábado 27 de outubro, no polideportivo da localidade asturiana de Barres, a partir das 19.00 horas. Tamén participará o conxunto anfitrión, CD Marino de As Figueiras, que compite categoría provincial.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.