28/10/2012

Vitoria contundente ante Móstoles (10-3) para manter o liderado

Vitoria contundente ante Móstoles (10-3) para manter o liderado

O Burela FSF Pescados Rubén traballou en Vista Alegre unha folgada vitoria por 10 a 3 ante un Móstoles que intentou arriscar co xogo de cinco pero que nada puido facer para evitar o caudal ofensivo burelao. Lucía adiantaba ao equipo laranxa aos tres minutos de xogo, á saída dunha falta ao bordo da área tras pisar o balón peque. Pouco despois a mesma protagonista facía o 2-0 en remate ao segundo pau a centro preciso de Dany. Sen tempo para a reacción, o Móstoles encaixaba dous novos tantos en contra, obra de Dolo de tacón na área e de Maite. Móstoles optaba entón por alternar o xogo de cinco en accións ofensivas. Aos catorce de xogo, Rocío Toledano recortaba distancias para as madrileñas pero, antes do descanso, Peque, en combinación con Maite, e Lida, en xogada con peque, deixaban un cómodo 6-1 no electrónico para as laranxas.



Tras a continuación, Maite a porta baleira desde liña de fondo facía o sétimo. O xogo de cinco do Móstoles non conseguía evitar o potencial ofensivo dun Pescados Rubén que proseguía abrindo brecha no luminoso cun xogo contundente cheo de acerto. Dany desde cancha propia facía o oitavo e Maite aos 31 minutos facía o noveno de falta directo. Xa no tramo final, Dany, a máxima goleadora da liga, facía o décimo gol local desde cancha propia. Maquillaban o resultado para as madrileñas Eva Manguán, de potente remate, e Inma de falta ao bordo da área para establecer o definitivo 10-3. O Burela FSF Pescados Rubén aférrase ao liderado cun inicio de campionato que promete emocións fortes para o equipo de Javier Pardeiro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.