07/11/2012

Erik, Carlos e Fabio, na primeira lista de convocados de Galicia Sub-19

Erik, Carlos e Fabio, na primeira lista de convocados de Galicia Sub-19

Os xuvenís burelistas Erik Campo, Carlos Valle e Fabio Sequeiros foron reclamados polo combinado galego sub-19 para comezar a andadura da tempada. Segundo informou a Federación Galega de Fútbol esta mañá, a primeira sesión preparatoria de cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais de decembro será o vindeiro luns, 12 de novembro, ás 19.00 horas, no pavillón compostelán de Santa Isabel.



Xunto aos deportistas laranxas, que hoxe formarán parte do equipo sénior de Primeira División no seu amigable fronte ao Soto del Barco, a lista de convocados do santiaguista Mon Barreiro complétana: Mauro Álvarez e Antonio Martínez, do ADFS Bueu; Bruno Abalde, do Vigo IES Coruxo; Rubén Mouriz, José López e Óscar Mouriz, do Azkar Lugo; Ismael Vázquez, do Vilalba FS; Ricardo Arca, Eloy Ernesto e Marcos Gianzo, do Santiago Futsal; Pablo García, do Troula FS; e Manuel Canedo e Ángel López, do ED Vigo 2015.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.