09/11/2012

O equipo feminino recibe a un reforzado Valladolid

O equipo feminino recibe a un reforzado Valladolid

Vista Alegre volverá a vivir unha xornada intensa na Primeira División Feminina co enfrontamento entre o equipo laranxa e o Valladolid (Vista Alegre. Sábado 18.30 horas), chamado a ser un dos protagonistas nas primeiras posicións da táboa e que ven de facer un esforzo económico importante para optar a todo na categoría.



Con sete vitorias e un empate, o conxunto que dirixe Javier Pardeiro está situado na segunda posición, empatado a puntos co líder Atlético de Madrid. Tal e como sinala o adestrador burelao “unha vitoria daríanos a oportunidade de abrir brecha con respecto ao grupo perseguidor”. Pardeiro considera que as xogadoras afrontan este reto “con moita ilusión, pero tranquilas. Con gañas de manter o alto nivel amosado ata o de agora”. Especial atención merece a xogadora visitante Fátima, un dos principais piares nos que basea o seu xogo e máxima goleadora do cadro visitante.



O Valladolid, que conta nas súas filas coas ex xogadoras laranxas Claudia e Ro, curiosamente só cae u derrotado co Alcorcón e empatou co Atlético Navalcarnero, ambos partidos na casa. Como visitante amosa por tanto unha traxectoria inmaculada. Precisamente con motivo da visita de Claudia, gardarase un minuto de silencio en Vista Alegre pola recente morte do avó da xogadora focega.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.