26/11/2012

O Burela B salvou un punto na pista do Borbén (4-4)

O Burela B salvou un punto na pista do Borbén (4-4)

O Burela FS Pescados Rubén B puido salvar esta fin de semana un punto na pista do Pazos de Borbén, remontando un 4-2 no último minuto (4-4).



Os pupilos de Lucas perdoaron demasiado na primeira parte e iso pasoulles factura. Cun axustado 1-2 reincorporáronse os laranxas do descanso, cun pesado lastre de imprecisións e fallos defensivos que catapultaron no electrónico aos locais. Houbo que esperar aos últimos segundos para subir a igualada, con dobre aparición de Fabio.



O próximo reto dos laranxas será na casa o sábado (16.00 horas) en derbi mariñán fronte ao Superti Rececende.



Ficha técnica



Pazos de Borbén: Bizza, Jonhy, José, Lu e Lito; tamén xogaron Rober, Borja, Santi, Esteban e Celo.



Burela FS B: Samuel, Fabio, Antón, Souka e Carlos; tamén xogaron Bruno de Nois, Xoia, Hélder e Pichi



Goles: 0-1, 14, Souka; 0-2, 18, Antón; 1-2, 19, Lito; 2-2, 27, Borja; 3-2, 31, Jonhy; 4-2, 33, José; 4-3, 39, Fabio; 4-4, 39, Fabio

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.