29/11/2012

Os burelistas deixan a Copa do Rei

Os burelistas deixan a Copa do Rei

Os burelistas deixaron a Copa do Rei onte na rolda de dezaseisavos fronte ao Melilla FS, vendo escapar o empate lonxe da casa no último minuto (3-2). “Fomos de máis a menos; aínda que tivemos o control durante case todo o encontro, a nosa presenza ofensiva reduciuse, sobre todo na segunda parte, e o rival soubo aproveitar o seu maior acerto arriba”, analizou Julio Delgado.



A pesar do esgotador desprazamento, o cadro mariñán iniciou a cita con temperanza para facerse co dominio do xogo e do luminoso. Xa no minuto 4, Dani Martín marcou a primeira vantaxe nun contragolpe, que Mimi ampliou no 9 tras asistencia de André. Lonchu, no 10, reduciu distancias rescatando un lanzamento de falta de Yusef.



“O segundo período foi un calco do primeiro” admitiu Julio Delgado, que volveu ver “máis e mellores ocasións en ataque durante o primeiro tramo”. Yoni, de falta directa (minuto 31), igualou a contenda e na recta final unha xogada entre Rafita e Fernan adiantou os melillenses. A ansiedade dos burelistas no xogo de cinco, con Mimi como estandarte, non logrou satisfacer os desexos de continuar na copa real.



ElPozo Murcia



A expedición laranxa chegará este mediodía a terras levantinas para medirse o sábado ao impoñente ElPozo Murcia, a partir das 18.00 horas. Os pupilos de Julio Delgado teñen previsto realizar un par de sesións no seu destino, hoxe pola tarde e mañá pola mañá, para ultimar a preparacación de cara á gran cita.



O técnico burelista confesou certo desánimo no cadro, aínda que tamén confía na súa recuperación nestas 48 horas: “Non estamos ben; a de onte era unha inmellorable ocasión de culminar as boas sensacións que viñamos experimentando no xogo e non gañar foi un pau bastante grande. Non obstante, aínda nos quedan moitas horas para vernos con ElPozo; recuperaremos forza e ánimo e intentaremos dar a cara como o fixemos ante o Inter”, asegurou Julio.



 



Ficha técnica



Melilla FS: Toño, Yusef, Lonchu, Rafita e Kiko; tamén xogaron Yoni, Fernan, Juanmi e Francis Andújar




CD Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Mimi, Dani Martín e Nacho Pedraza; tamén xogaron Iago Míguez, Hugo, Enrique y Christian
 




Árbitros: Peña Díaz e Peña Gómez, de Granada. Amoestaron a Fernan por parte local e a Nacho Pedraza, Hugo e Mimi por parte visitante




Goles: 0-1, min.4, Dani Martín; 0-2, min.9, Mimi; 1-2, min.10, Lonchu; 2-2, min.31, Yoni; 3-2, min.39, Rafita

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.