01/12/2012

Derrota ante un gran El Pozo Murcia

Derrota inapelable do Burela Pescados Rubén ante El Pozo Murcia (9-0) que se mantén na loita polo liderado co FC Barcelona.
Derrota ante un gran El Pozo Murcia
O conxunto burelense baseou o seu litixio polos puntos nunha ardua e intensa defensa. Con estes argumentos logrou manter o tipo durante o primeiro período aínda que sen probas claras para atacar ao seu poderoso rival. Os murcianos monopolizaron o debate. Aos once minutos, Miguelín achegou a primeira evidencia. Lategazo coa zurda que viaxou directo á escuadra burelense. A segunda proba contundente chegou por mediación do maxistrado, Kike Boned, ao fío do descanso (2-0). Despois do receso, El Pozo Murcia expuxo o seu argumentario ofensivo e nos primeiros cinco minutos sentenciou o duelo. Miguelín, Bebe e Gréllo exerceron de xuíces (5-0) dun Burela Pescados Rubén que se rebelada ante a sentenza anticipada. O equipo dirixido por Julio Delgado recorreu con orgullo pero viuse obrigado a acatar o desenlace final (9-0) dunha loita desigual.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.