05/12/2012

O pivote Cesinha será xogador do Burela FS

O pivote Cesinha será xogador do Burela FS

O pivote César Augusto May Xavier, máis coñecido com Cesinha, será finalmente xogador do Burela FS Pescados Rubén. O brasileiro (Sao Paulo, 1985), que xa compartiu adestramentos co equipo mariñán durante a parada ligueira, foi presentado oficialmente na sede da entidade laranxa polo vicepresidente, Manuel Blanco, que definiu a nova incorporación como “unha prometedora alternativa na faceta ofensiva”.



“Esta será a miña primeira experiencia no fútbol sala español; estou moi feliz. O primeiro contacto co equipo foi moi bo, atopei moito apoio tanto do corpo técnico como do director deportivo, e gústame moito a tranquilidade de Burela” expresou o ‘canarinho’.



O pivote, que tivo a oportunidade de participar en diferentes amigables co Burela FS e na Copa Galicia ante o Santiago Futsal, transmitiu tamén as súas boas sensacións na pista. “Sentinme ben cos compañeiros. Aínda que fisicamente non estaba ao cento por cento, creo que a miña participación foi frutífera; os poucos minutos que xoguei creo que foron produtivos” confesou Cesinha, prometendo “seguridade e acomodación en ataque”: “A confianza que demostrou o club dáme máis vontade aínda para xogar. Espero contribuír aos obxectivos do equipo e se é anotando os máximos goles posibles, mellor” concluíu o brasileiro.



Dende a súa terra, Cesinha deu o salto ao fútbol sala ruso hai cinco anos; tras unha tempada no Politech de San Petersburgo, disputou dúas superligas no CSKA Moscú, para regresar despois ao Politech, nos dous últimos exercicios. No seu palmarés máis recente, destaca a Copa San Petersburgo 2008/09 e a Copa rusa en 2010.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.