07/12/2012

Un duelo de tres puntos e moito máis (Burela FS-Gáldar, 18.30 horas)

Un duelo de tres puntos e moito máis (Burela FS-Gáldar, 18.30 horas)

Para o Burela FS Pescados Rubén poden comezar a cambiar as cousas, chega o momento de recoller as primeiras alegrías da elite, cunha apetecible 8ª xornada. Vista Alegre acollerá mañá un duelo de noveis (18.30 horas), que para os laranxas significa tres puntos e moito máis, a posibilidade de asinar o primeiro éxito en Primeira, un impulso de moral, o recoñecemento ao esforzo e traballo, a recompensa ao apoio da bancada… Unha cita que pode manter viva a ilusión para afastarse do perigo. 


“Xogámonos moitos deportiva e animicamente” asegurou o técnico Julio Delgado, que destacou que “será un partido moi disputado porque ambos os dous nos coñecemos ben e chegamos con necesidade de puntos”. Julio amosouse optimista coas posibilidades do Burela FS, polo evolución de xogo, e pola accesibilidade do rival: “O calendario non nos tratou ben ata agora; queremos gañar e demostrarlle á afección que aínda que nos custou adaptarnos á categoría merecemos estar aquí”. “Debemos asumir o protagonismo do encontro, mantendo a dinámica do último partido na casa, co Inter; temos que conservar a concentración defensiva, sobre todo, e aproveitar a finalización”, rematou o técnico.


O vestiario mariñán afrontará o gran reto coa volta á convocatoria dun dos capitáns, Edu, que se reincorporou ao día a día do equipo a comezos da semana, tras unha intervención de menisco realizada en outubro.
Os insulares chegan á península hoxe. Suso Méndez non poderá contar nin con Glauber, na recta final de recuperación dunha lesión de ligamentos, nin co ex-laranxa Víctor Cachón, cun partido de sanción tras a expulsión ante o Zaragoza.


 


Outro raio de sol na enfermería


Coa boa nova do gardameta naronés tamén chega a notable evolución do outro capitán da nave laranxa, Juanma Marrube. O Mariskal, que pasou por quirófano hai case dous meses por unha hernia discal, xa comezou os adestramentos. Xa participou en varias sesións co equipo feminino e co filial e a próxima semana poderá incorporarse ao grupo.


 


Unha achega solidaria


A peña burelista A Pataca Naranxa volve apoiar este ano a campaña “Un xoguete, unha ilusión”, xunto á Cruz Vermella, para axudar a que os máis pequenos/as poidan gozar da maxia do Nadal.


Ata finais de decembro, todas as persoas interesadas poderán depositar os seus agasallos no pavillón Vista Alegre, de luns a venres pola tarde, coincidindo coa apertura das instalacións deportivas para os diferentes adestramentos, e nos partidos do equipo sénior masculino na casa, mañá con Gáldar e o día 22 co Santiago Futsal.


A Pataca Naranxa tamén manterá o servizo de recollida a domicilio, co que comezou hai tres anos. Poderase concertar a través do número de teléfono da peña, 607 74 87 86.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.