10/12/2012

O ala brasileiro Silva reforza as filas laranxas

O ala brasileiro Silva reforza as filas laranxas

O ala Rafael Silva de Jesús, coñecido como Silva, reforzará as filas laranxas de cara ao mercado invernal. O xogador brasileiro (Río de Janeiro, 1986), que xa se incorporou á dinámica de adestramentos dos de Julio Delgado a semana pasada, recala na Mariña procedente do poderoso Iberia Star, de Xeorxia, co que se clasificou para a Final Four da Copa da UEFA, entre os catro mellores de Europa.



Na súa presentación oficial, acompañado polo presidente da entidade, José Ramón González Casas, o carioca amosouse entusiasmado coa súa chegada ao CD Burela FS Pescados Rubén. “Estou moi contento por coñecer unha das mellores ligas do mundo” admitiu Silva, que atribuíu a súa opción laranxa para internarse no fútbol sala español “á tradición e seriedade do club”: “Recibín moi boas referencias doutros compatriotas que forman e formaron parte da entidade, algo que me ofrece seguridade e incrementa a miña motivación para facer mellor o meu traballo e conseguir os obxectivos do club” explicou o brasileiro. “Creo que poderei adaptarme doadamente ao xogo do Burela FS, axudando en finalización, sempre que o meu corpo se aclimate a estas temperaturas xélidas”, puntualizou xocosamente o novo ala laranxa.



Cun amplo repertorio no seu país -Vasco (2005), Macaé (2006-07), Flamengo (2008), USS Vassouras (2009), Petrópolis (2010) e Wipro-SP (2011)-, a tempada goleadora co São José (2011-12), máis de 20 dianas, habilitoulle a Silva o pasaporte  para incorporarse no sólido Iberia Star.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.