22/12/2012

O xogo e a ilusión bríndanlle ao Burela FS o empata na clausura de 2012 (2-2)

O xogo e a ilusión bríndanlle ao Burela FS o empata na clausura de 2012 (2-2)

< ?xml:namespace prefix = o ns = "urn:schemas-microsoft-com:office:office" />  O Burela FS Pescados Rubén clausurou esta tarde a aventura de 2012 subindo o seu segundo punto á cuadrícula de Primeira. O xogo e a ilusión brindáronlle ao cadro laranxa o empate do gran derbi galego, na visita do Santiago Futsal (2-2), un encontro emocionante no que os locais mantiveron a vantaxe de 1-0 ata o ecuador do segundo período.



A ansiedade reinou nos primeiros compases en Vista Alegre; os dous equipos querían o balón, optaron por unha defensa adiantada para aproveitar os erros do rival. As chegadas, tímidas nun inicio, foron incrementando a súa perigosidade. David, de costas, puxo a proba a Edu; en torno ao ecuador da primeira parte, o Santiago Futsal intentou sorprender o naronés con lanzamentos cruzados, primeiro Hamza e máis tarde entre Alan e Raúl. Os laranxas cada vez atopaban máis ocos e chegou o gran momento, no minuto 12, cunha tentativa de Mimi que culminou Dani Martín, 1-0. Nas zapatillas de André puido estar o 2-0, no 16, diante de Carlos Barrón tras volea de Christian. Na recta final, Mimi a punto estivo de desequilibrar o meta compostelán, de disparo afastado.



A segunda parte comezou con maior presenza dos de Santi Valladares na área burelista, na busca da remontada, aínda que nos momentos iniciais os laranxas puxeron en apertos a Barrón nunha tentativa salvada por Hamza e nun saque de esquina. No minuto 26, Alan ameazou cun lanzamento cruzado que non atopou o apoio necesario diante da portería. A igualada chegou no 29, aproveitando Diego Quintela a meta burelista baleira, despois do adiantamento de Edu para bloquear a David. Os pupilos de Julio Delgado tiveron que aplicarse a fondo en defensa; cando parecía que xurdía un oco para presionar a Barrón, volveu aparecer Quintela ao finalizar unha perda de balón de Enrique, minuto 35. Apostou forte a escuadra mariñá, con André capitaneando o xogo de cinco, e rapidamente apareceu a recompensa con empate asinado polo capitán, Juanma, no seu regreso á bomboneira. Os tres puntos dos laranxas estiveron aos pés de Iago Míguez nos últimos momentos, que rozou un cruzamento de Nacho Pedraza. Os composteláns pelexaron pola vitoria no último minuto con David Pazos como porteiro-xogador, sen éxito.



O encontro estivo presidido pola atenta mirada do seleccionador nacional, José Venancio López Ferro. Antes do asubío inicial, o club laranxa rendeu homenaxe a unha das súas socias máis veteranas, Salomé Gómez, entregándolle un recordatorio especial en recoñecemento ao seu afectuoso apoio e ao do establecemento que rexenta, Mesón O Poeta, desde o nacemento da entidade.



Benvida a 2013. Os mariñáns recibirán o novo ano o 4 de xaneiro con novo derbi, esta vez provincial, na pista do Azkar Lugo (21.15 horas).



Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.