26/12/2012

Carlos Valle, Lidia Mesías, Lara Balseiro e Paula Cortiñas, protagonistas na Selección Galega.

Carlos Valle, Lidia Mesías, Lara Balseiro e Paula Cortiñas, protagonistas na Selección Galega.
Carlos Valle Izaguirre representará ao Burela FS Pescados Rubén na Selección Galega de Fútbol Sala sub-19 que disputa, do 28 ao 30 de decembro, o Campionato de España de Seleccións Territoriales cuxa primeira fase celébrase en Melilla.

A Selección Galega comparte grupo co Principado de Asturias, Melilla e Murcia.

O primeiro duelo terá lugar o venres día 28, ás 16.30 horas, no pavillón Lázaro Fernández. O sábado día 29, en idéntico escenario, o combinado galego medirase ao anfitrión, Melilla, e o último enfrontamento de grupo, domingo día 30, galegos e murcianos disputarán o seu encontro no pabellón Javier Imbroda Ortiz.

Selección Galega sub-23 feminina. As xogadores do Burela FS Pescados Rubén, Lidia Mesías e Lara Balseiro foron convocadas para o día 28 de decembro ao adestramento do combinado dirixido por Manuel Castillo que se levará a cabo en Santiago de Compostela as 20.00 horas, pavillón de Ponte Pedriña.

Selección Galega sub-17 feminina. Paula Cortiñas tamén adestrará coa selección o venres día 28 no mesmo escenario ás 19.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.