28/12/2012

O Calendario Laranxa regresa aos fogares mariñáns

O Calendario Laranxa regresa aos fogares mariñáns

O ‘Calendario Laranxa’ regresará aos fogares mariñáns en 2013 para coar o espírito burelista representado nos equipos sénior, masculino e feminino, o filial e as categorías de base. Despois do éxito de vendas en Vista Alegre durante a fin de semana pasada, o almanaque xa está dispoñible (prezo, 2 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97) e nas librerías burelás Auma, Atril, Kiosco Alicia e Bluster, ademais da empresa colaboradora Alba Vila.




O ‘Calendario Laranxa 2013’ inclúe a axenda ligueira dos equipos sénior, tanto da Primeira División LNFS coma da RFEF, así como unha gran foto central da gran familia laranxa 2012-13. A xoiería burelá Kessarys recibe o novo ano xunto ao capitán Juanma, Julio Delgado e Lidia Mesías. A tempada histórica do CD Burela FS Pescados Rubén transcorre cos xogadores e xogadoras en divertidas situacións, no Ximnasio Breogán, Concello de Burela, Alain Affelou Óptico, clínica Virxe da Mariña, Limpezas Lema, Autoescola Nós, Pescados Rubén, confitería mindoniense La Alianza, Living Sport e Peugeot. Javier Pardeiro, Lucía Nespereira e Hugo despiden o primeiro ano da entidade laranxa en plena elite de forma moi saudable, dende o centro de dietética e nutrición Alba Vila.




O CD Burela FS agradece toda a axuda prestada por estes negocios na realización e distribución do seu calendario, con deseño e fotografía de Akersia SL e impresión de Gráficas Arfe.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.