Xuvenís e infantís, os máis madrugadores na volta á liga
A quen madruga… améncelle máis cedo, ou iso di o dito. Pois ben, os máis madrugadores da casa laranxa na base serán os xuvenís e infantís recuperando en Vista Alegre este sábado citas que quedaran no tinteiro.
Pola mañá, os infantís disputarán a segunda xornada de Deporte Escolar con duelo cento por cento laranxa, ás 12.00 horas. Despois do xantar, ás 16.30, o xuvenil de Autonómica recibirá o Troula FS, en encontro correspondente á terceira xornada.
A Mariña
O combinado mariñán, con nutrida presenza da ED EON Burela FS, comezou onte a súa aventura no autonómico, en Chantada, con baile de resultados. Os infantís impuxéronse a Lugo Sur por 1-6; para os alevíns o tempo regulamentario rematou en táboas (4-4) e aos máis pequenos, os benxamíns, o luminoso escapóuselles polos pelos (6-4).
A Selección de Lugo será o seguinte rival, no pavillón focego Torques de Marzán, o luns 7 de xaneiro (16.00 cadete, 17.00 alevín, 18.00 infantil e 19.00 benxamín).
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas