07/01/2013

Cruz para o Burela FS B, no derbi comarcal (6-0)

Cruz para o Burela FS B, no derbi comarcal (6-0)

Despois de catro xornadas invicto, o Burela FS Pescados Rubén B non tivo a sorte de cara na clausura da primeira volta, co derbi comarcal ante o Mesón A Fuga (6-0). O cadro laranxa acusou en exceso as baixas e non puido impoñerse ás táboas do Xove FS.



Os pupilos de Lucas foron capaces de facerlle fronte a un equipo veterano na primeira parte, que tomou lixeiramente a dianteira por mediación de Dani López, con aparición nos minutos iniciais e despois co 2-0 de dobre penalti, no 19, despois de boas ocasións dos laranxas.



Tras o descanso, a falta de experiencia foi un lastre demasiado pesado para os burelistas, que viron como os locais ampliaban as distancias no marcador ata o 4-0 nos primeiros cinco minutos por erros puntuais. Aínda así, o conxunto laranxa pelexou por encontrar a meta rival, cunha grande actuación do porteiro xovense. No último cuarto do encontro, os paus laranxas non puideron frear outras dúas avalanchas, con 6-0 ao final. 



 O Burela FS Pescados Rubén B pecha así o primeiro tramo da competición no ecuador clasificatorio, con 24 puntos. Comezará a segunda volta, esta fin de semana na casa, fronte ao Carballiño FS, décimo terceiro (12 puntos), ao que xa se impuxo no comezo de tempada por 3-5.



Ficha técnica



Xove FS:  Pulido, Quelle, Ivi, Darío e Daniel López; tamén xogaron Dani Díaz, Pipe, Iago, Álex e Chetis.
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko; tamén xogaron  Samuel, Carlos, Souka, Xoia e Hélder, Manuel, Arón e Pichi
Goles: 1-0, minuto  2,  Dani López; 2-0,  minuto 19, Dani López; 3-0, minuto 22, Darío; 4-0, minuto 25, Dani Díaz; 5-0, minuto 33, Darío; 6-0, minuto 34, Dani Díaz.
Árbitros:   David Castro e Borja Darriba

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.