28/01/2013

O internacional Matamoros reforza as filas burelistas

O internacional Matamoros reforza as filas burelistas

O Burela FS Pescados Rubén segue movendo o mercado de inverno para levantar voo no debut da máxima categoría, co reforzo do internacional Matamoros, procedente do Inter Movistar. Se non xorde ningún contratempo, o resolutivo pivote madrileño, con contrato para o que resta de tempada e o próximo exercicio, estará en terras galegas entre mañá e o mércores para ser presentado oficialmente pola entidade laranxa e incorporarse á dinámica do equipo.



A traxectoria de Jorge Valhermoso Matamoros (Madrid, 1984) acredita a súa solvencia e determinación nas pistas, cun percorrido de vertixe. Debutou defendendo a Vermella (xaneiro de 2009), con 11 citas internacionais ás súas costas e o título de campión do Torneo de IV Nacións (2010), ademais dunha Supercopa de España (2011) coa Máquina Verde. Dende o Aranjuez (2003-04), tomou contacto co Pinto FS (2004-05) e Olías del Rey (2005-06). Entre 2006 e 2009 regresou ao Pinto, co que ascendeu á Divisón de Honra en 2007-08. A tentación galega na elite cativouno en 2009, ingresando no Azkar Lugo, antes de apostar en 2011 pola sólida engrenaxe do Inter Movistar.



Na presente campaña, disputou nove encontros, asinando a autoría de 3 tantos.



Matamoros convértese na terceira incorporación de inverno ao equipo laranxa, xunto ao pivote Cesinha (Sao Paulo, 1985) e o ala zurdo Silva (Rio de Janeiro, 1986).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.