01/02/2013

O renovado Burela FS estréase na casa, ante o Marfil

O renovado Burela FS estréase na casa, ante o Marfil

O Burela FS Pescados Rubén volve á casa tras dúas xornadas fóra para presentar o seu renovado proxecto ante o Marfil Santa Coloma, oitavo (19 puntos), coa dispoñibilidade das novas caras, Cesinha, Silva, Matamoros e Isi. O encontro da 15ª xornada de Primeira arrancará mañá ás 18.30 horas, en Vista Alegre.


A escuadra de Julio Delgado medirase ao equipo do pichichi da categoría, Dani Salgado, autor de 21 dos 55 tantos do Marfil. Para pelexar polo primeiro triunfo, o Burela FS intentará darlle continuidade ao xogo de Vista Alegre fronte a un rival que fraquea lonxe da súa pista; os de Santa Coloma tan só levaron puntos de Gáldar (1-5) e Manacor (5-5).


Parece que o cambio de traxectoria no Burela FS se aproxima; os reforzos traen aires novos: “Tivemos unha semana moi completa; nos adestramentos participaron todos os xogadores; foron sesións de calidade” afirmou Julio Delgado. “É unha oportunidade marabillosa para conseguir a primeira vitoria. Xa demos un paso adiante conseguindo dous empates consecutivos lonxe da casa, un impulso anímico moi importante. Fisicamente tamén nos atopamos nun excelente momento, co vestiario case ao cento por cento; tan só Nacho e Silva teñen pequenas molestias” explicou o técnico laranxa, concluíndo “o equipo está preparado para afrontar e gañar este partido”.


A convocatoria laranxa decidirase tras o quentamento previo ao partido. A expedición marfileña estará composta por Isaac e Chico, na portería; o pichichi Dani Salgado, Adolfo, Jhow, Albert Segura, Busquets, Lluc, Alejandro Medina, Sepe, Rafa López e Rubén.


Marca TV. O Burela FS volverá ás pantallas na vindeira xornada, na súa visita á casa do temible Triman Navarra; será o sábado 9, ás 13.00 horas.


 


ABONOS DE MEDIA TEMPADA 12-13


Abono 18 (de 14 a 18 anos): 10 euros
Abono 25 (de 19 a 25 anos): 20 euros
Abono Simple (adult@): 40 euros
Abono Dúo (adult@): 70 euros
Abono Xubilado: 30 euros
De 0 a 13 anos: Gratuíto


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.