04/02/2013

O aire cálido tamén sopra nas categorías de base

O aire cálido tamén sopra nas categorías de base

A Mariña estivo esta fin de semana baixo un anticiclón deportivo; o aire cálido que asolagou as competicións laranxas sénior con boas novas, tamén soprou nas categorías de base.
 
En Nacional Xuvenil, o conxunto de Lucas recolleu un traballado empate ante o líder, Azkar Lugo (5-5), que lle permite seguir pisándolle os talóns para asaltar a primeira praza en calquera momento.



En Autonómica houbo pleno de resultados favorables para os laranxas. O envite xuvenil e cadete ante O Parrulo FS decidiuse por 4-3 e 4-2 respectivamente; nunha fin de semana bastante atarefada, os cadetes tamén se impuxeron ao Club del Mar (6-2). O luminoso laranxa por excelencia da xornada foi para os infantís, que venceron 12-2 ao Meigallos FS.



As boas vibracións tamén proliferaron en Deporte Escolar, con tres vitorias e un empate. O Cadete B gañou 3-4 ao Pilar, o Infantil B impúxose ao Ribadeo FS (3-0) e o Alevín B fixo o propio co EDM Mondoñedo (2-1); o encontro entre o EDM Riotorto e Infantil A rematou en táboas (1-1).



Na Liga Prebenxamín da Mariña, Celeiro Xove FS e ED EON Burela FS remataron 3-3.




Liga Nacional Xuvenil



Azkar Lugo 5-5 Burela FS



Liga Autonómica Xuvenil



Burela FS 4-3 O Parrulo FS



Liga Autonómica Cadete



Burela FS 4-2 O Parrulo FS



Burela FS 6-2 Club del Mar



Liga Autonómica Infantil



ED EON Burela FS 12-2 Os Meigallos FS



Deporte Escolar



O Pilar Cadete 3-4 Burela FS Cadete B



EDM Riotorto Infantil 1-1 ED EON Burela Infantil A



ED EON Burela FS Infantil B 3-0 Ribadeo FS Infantil



ED EON Burela FS Alevín B 2-1 EDM Mondoñedo Alevín



Liga Prebenxamín da Mariña



Celeiro Xove FS 3-3 ED EON Burela FS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.