14/02/2013

Sobre rodas, con Cerezo Bikes

Sobre rodas, con Cerezo Bikes

Coincidindo cunha das citas máis esperadas na tempada histórica do Burela FS Pescados Rubén, a visita do flamante ElPozo Murcia o 16 de marzo, a entidade laranxa promoverá a práctica deportiva a través do sorteo dunha bicicleta MMR, doada pola firma Cerezo Bikes. Ata o comercio burelao trasladouse o director deportivo do club, Marcelo Santoro, para recoller a prezada bicicleta, valorada en 800 euros, das mans dos xerentes do negocio, o ex–ciclista José Antonio Cerezo e a duatleta María Fernández.  



As rifas estarán á venda, por tan só 2 euros a papeleta, no pavillón Vista Alegre ata o día do sorteo, nos partidos do Burela FS Pescados Rubén en Primeira LNFS e RFEF: BFS-Umacón Zaragoza (16 de febreiro), BFS-FC Barcelona (2 de marzo), BFS-Viaxes Amarelle (3 de marzo) e BFS-ElPozo Murcia (16 de marzo). Tamén estarán á disposición de todas as persoas interesadas na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).



Cerezo Bikes é o soño feito realidade de dous mozos apaixonados polo deporte e moi especialmente polo mundo da bicicleta. Dende o número 185 da avenida burelá de Arcadio Pardiñas, axudan a amateurs e expertos a elixir os produtos que máis se adapten ás necesidades de cadaquén, entre unha amplísima gama de bicicletas complementos, roupa e calzado, que completa unha sección especializada en produtos de segunda man.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.