18/02/2013

Xornada triunfal con resplandor laranxa na base

Xornada triunfal con resplandor laranxa na base

As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén pechou unha xornada triunfal. O resplandor do fútbol sala laranxa impúxose en 8 das 9 citas da axenda da fin de semana.



Na Liga Nacional, os xuvenís regresaron á boa senda, vencendo a domicilio ao Cidade de Narón (1-5). Deporte Escolar tamén tivo brillo laranxa, con dobre vitoria cadete, 2-11 ante a escola de Barreiros e 6-1 sobre o Ribadeo FS; contundente 0-7 infantil na pista do Cidade de Viveiro; outro pleno para alevíns, con 0-3 sobre os barreirenses e 11-0 fronte aos da beira do Eo; e o AD Santiago de Foz, que tamén sucumbiu ás destrezas burelistas en benxamíns. No apartado de amigables, os máis pequenos tamén celebraron o triunfo ante o Cidade de Viveiro.



Non tivo a mesma sorte a ED EON Burela en Liga Autonómica Infantil, que cedeu ante o EDM Verín FS (0-6).




Liga Nacional Xuvenil



Cidade de Narón 1-5 Burela FS



Liga Autonómica Infantil



ED EON Burela FS 0-6 EDM Verín



Deporte Escolar



EDM Barreiros Cadete 2-11 Burela FS Cadete A



Burela FS Cadete B 6-1 Ribadeo FS Cadete



Cidade de Viveiro Infantil 0-7 ED EON Burela FS Infantil A



EDM Barreiros Alevín 0-3 ED EON Burela FS Alevín A



ED EON Burela FS Alevín B 11-0 Ribadeo FS Alevín



ED EON Burela FS Benxamín 5-1 AD Santiago de Foz Benxamín B



Amigables



ED EON Burela FS Prebenxamín 6-1 Cidade de Viveiro Prebenxamín



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.