18/02/2013

Galicia despídese do nacional sub-16

Galicia despídese do nacional sub-16

Galicia e o burelista Cristian García despedíronse do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-16 en Madrid, nunha primeira eliminatoria moi rifada, na que decidiu o goal average. Os irmandiños perderon ante a anfitrioa (5-0) e gañaron a Baleares (4-3).



A fase final disputarase en Cataluña os días 20 e 21 de abril. A primeira semifinal xogarana Andalucía e Valencia, quedando emparelladas Cataluña e Madrid para a segunda semifinal. A final xogarase o domingo 21.



Resultados da fase previa do Campionato Cadete:



Grupo A
Baleares-Castela A Mancha 6-3
Madrid-Galicia 5-0
Galicia-Baleares 4-3
Madrid-Castela A Mancha 0-1



Clasificación
1- Madrid 3 puntos (+4)
2- Baleares 3 puntos (+2)
3- Castela A Mancha 3 puntos (-2)
4- Galicia 3 puntos (-4)



Grupo B
Melilla- País Vasco 3-5
Melilla-Andalucía 1-5
País Vasco-Andalucía 1-4



Clasificación
1- Andalucía 6 puntos
2- País Vasco 3 puntos
3- Melilla 0 puntos



Grupo C
Valencia-Aragón 5-4
Aragón-Murcia 2-6
Murcia-Valencia 0-1



Clasificación
1- Valencia 6 puntos
2- Murcia 3 puntos
3- Aragón 0 puntos



Grupo D
Canarias-Ceuta 3-11
Cataluña-Canarias 9-0
Ceuta -Cataluña 1-7



Clasificación
1- Cataluña 6 puntos
2- Ceuta 3 puntos
3- Canarias 0 puntos



 



FONTE: Golsala



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.