22/02/2013

O Burela FS B protexerá o podio de Terceira ante o ADFS Bueu

O Burela FS B protexerá o podio de Terceira ante o ADFS Bueu

Os pupilos de Iván Cao, Lucas, terán o reto de protexer o podio na 22ª xornada de Terceira, tras a sanción de -3 puntos ao 5Coruña FS por aliñación indebida ante o Leis Pontevedra no último encontro. Con 39 puntos, o Burela FS Pescados Rubén B pelexará por manter a terceira praza no seu poder na visita a Vista Alegre do ADFS Bueu, oitavo (25 puntos). O encontro arrincará ás 16.30 horas do sábado.


“Estamos adestrando ben, chegamos moi motivados. Cun punto de desvantaxe con respecto ao segundo, Pazos de Borbén, agora o noso obxectivo pasa por acceder alcanzar esa praza, continuando na boa dinámica” explicou o estratega dos laranxas, que encadean os tres últimos encontros con triunfo. Na primeira volta, os mariñáns conseguiron sacar adiante un rifadísimo partido, con 4-5 final, no último suspiro.


Continúan na enfermería burelista Aarón e Manu; Antón chegará con certas molestias.


Con 38 puntos, Ventorrillo visita ao Eypar, décimo cuarto; o quinto clasificado (37), A Fuga Xove mídese en derbi ao Superti A Pontenova, oitavo; despois da amoestación imposta pola Federación Galega de Fútbol, o 5Coruña FS defenderá a sexta praza (37) co pechacancelas, Cafyd.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.