07/03/2013

Inter Movistar, outro dos grandes no camiño do Burela FS (venres 8, 21.00 horas)

Inter Movistar, outro dos grandes no camiño do Burela FS (venres 8, 21.00 horas)

O Burela FS Pescados Rubén visitará a outro dos grandes de Primeira no ecuador do seu particular Tourmalet, na 19ª xornada. Juanlu debutará cos laranxas a domicilio mañá fronte ao Inter Movistar, terceiro clasificado (40 puntos), un equipo con máis de 40 títulos nacionais e internacionais no seu palmarés, unha escuadra que o adestrador laranxa coñece moi ben internamente, coa que celebrou moitas tardes de gloria (Caja Madrid, 21.00 horas).


“O obxectivo é mellorar, incluso por encima dos resultados. Temos que sentir que estamos medrando e irnos satisfeitos co partido; só así chegarán as posibilidades reais no encontro”, marcaba así Juanlu as metas inmediatas dos laranxas. “Durante esta semana insistimos en perfeccionar o sistema defensivo, en mellorar a defensa a balón parado, que foi quizais o punto máis feble en Vista Alegre” sopesou o técnico.


“O calendario complicado do rival poñeranos as cousas aínda máis difíciles” advertiu Juanlu, asegurando que os de Movistar chegarán con sede de vitoria: “A relaxación non existirá para eles; chegarán moi motivados. É un partido que non poden deixar escapar para non descolgarse dos seus rivais directos, Barcelona e ElPozo, cos que se enfrontarán nas dúas próximas xornadas. Tres puntos con eles non lles servirían de nada se antes non gañan connosco”. Esta premisa téñena moi presente no Inter. “Este venres ante Burela temos que gañar para chegar nas mellores condicións aos partidos ante o Barcelona e ElPozo. Necesitamos esa dose de confianza para afrontar estes partidos con garantías” declaraba o capitán, Luís Amado, na web do club madrileño.


O técnico laranxa regresa á que foi a súa casa entre 2001-05 e 2008-10. “Aínda que non é a primeira vez, sempre é especial e diferente chegar e saudar a moitos dos amigos que deixei alí, pero unha vez que empece, será como calquera outro encontro” explicou o estratega burelista. O desequilibrante Matamoros tamén se reencontrará co seu ex-equipo, tras incorporar o seu olfato goleador ás filas laranxas no mercado de inverno.


A única dúbida no vestuario de Juanlu será Nacho Pedraza, que arrastra molestias desde hai días que xa lle impediron participar ante o FC Barcelona. A convocatoria local estará integrada por Luis Amado, Álvaro, Pola, Rivillos, Batería, Gadeia, Juanjo, Borruto, Rafael, Tobe, Ortiz e Oitomeia, coa baixa de Eka.


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.